mércores, 26 de febreiro de 2025

Segunda parte de “¡Adios! ¡Adios!”, de Follas Novas, nas voces de Antía Gómez Varela e de Candela Codesido Losada

 

Antía Gómez Varela (3º ESO B) achéganos a gravación da segunda parte de “¡Adios! ¡Adios!”, de Follas Novas, na súa propia voz e na de Candela Codesido Losada. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

II

O simiterio da Adina

n'hai duda que é encantador,

cos seus olivos escuros

de vella recordazón;

co seu chan de herbas e frores

lindas, cal no'outras dou Dios;

cos seus canónegos vellos

que nel se sentan ó sol;

cos meniños que alí xogan

contentos e rebuldós;

cas lousas brancas que o cruben,

e cos húmedos montóns

de terra, onde algunha probe

ó amañecer se enterróu.


Moito te quixen un tempo,

simiterio encantador,

cos teus olivos escuros,

máis vellos que os meus abós;

cos teu cregos venerables,

que se iban sentar ó sol,

mentras cantaban os páxaros

as matutinas cancións,

e co teu osario humilde

que tanto respecto impón

cando da luz que nel arde

ve un de noite o resprandor.


Moito te quixen e quérote,

eso ben o sabe Dios;

mas hoxe, ó pensar en ti

núbraseme o corazón:

que a terra está removida,

negra e sin frols...


¡Padrón...! ¡Padrón...!

Santa María... Lestrove...

¡Adiós! ¡Adiós!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...