xoves, 20 de febreiro de 2025

Terceira parte de “¡Adios! ¡Adios!”, de Follas Novas, na voces de Candela Codesido Losada e de Antía Gómez Varela

 

Candela Codesido Losada (3º ESO B) achéganos a gravación da terceira parte de “¡Adios! ¡Adios!”, de Follas Novas, na súa propia voz e na de Antía Gómez Varela. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

III

   Fun un dia en busca d'eles,
Palpitante o corazon,
Funos chamando un a un
E ningun me contestou.
   Petey n'un-ha y-outra porta,
Non sentin fala nin voz,
Cal n'un-ha tomba valdeira
O meu petar resonou.
   Mirey po-l-a pechadura,
¡Qué silensio!... ¡que pavor!...
Vin no mais sombras errantes
Qu'iban e viñan sin son,
Cal voan os lixos leves
N'un rayo d'o craro sol.
   Erguéronsem'os cabelos
D'estrañeza e de delor,
Nin un soyo!... nin un soyo!...
¿Dond'están? ¿que d'eles foy?
   O triste son d'a campana,
Vagoroso à min chegou...
¡Tocaba a morto por eles!...

¡Padron!... ¡Padron!...

Santa María... Lestrove...

¡Adios! ¡Adios!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...