xoves, 20 de febreiro de 2025

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Ana Barreiro Buján

 

Uxía Nieves Franqueira (1º BACH A) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de súa madriña Ana Barreiro Buján (38 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.


Ay! No meu corazonciño,

Xa non pode haber contento,

Qu’está de dolor ferido,

Qu’está de loito cuberto.


Morreu aquel qu’eu quería,

E, para min, n’hai consuelo,

Sólo hai para min, Castilla,

A mala lei que che teño.

Premita Dios, castellanos,
castellanos que aborreso,
que antes os gallegos morran,
que ir a pedirvos sustento.


Póis tan mal corazon tendes
Secos fillos do deserto,
Que si amargo pan vos ganan
Dádesllo envolto en veneno.

Aló van, mal pocadiños,
Todos d'esperanzas cheyos,
E volven ay! sin ventura,
Con un caudal de despreços.

Van probes, e tornan probes,
Van sans, e tornan enfermos,
Qu' anq' eles son como rosas,
Tratádelos coma negros.

¡Castellanos de Castilla.
Tendes corazon d' aceiro,
Alma como as penas dura,
E sin entrañas o peito!

(...)

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...