mércores, 26 de febreiro de 2025

Tres partes de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, nas voces de Noa Sal Pazos e de seus avós Santiago (72 anos) e Mercedes (71 anos)

 

Noa Sal Pazos (1º BACH B) achéganos a gravación de tres partes de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na súa voz e na de seus avós Santiago (72 anos) e Mercedes (71 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

¡Pra a Habana!

I
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María, eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"

 IV

Animo, compañeiros,

Tod’â terra é d’os homes.

Aquel que non veu nunca mais que a propria

A iñorancia ó consome.

¡Animo! á quen se muda Dio-l-o axuda!

¡E anque ora vamos de Galicia lonxe,

Verés dês que tornemos

O que medrano os robres!

Mañan é o dia grande ¡â mar amigos!

¡Mañan, Dios nos acoche!

¡N’o sembrante á alegría,

N’o corazon o esforzo

Y a campana armoniosa d’a esperanza,

Lonxe, tocando á morto!

V
Éste vaise i aquél vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...