domingo, 9 de marzo de 2025

“¡Follas novas!, risa dáme”, poema V das “Vaguedás” de Follas Novas, na voz de Montserrat Silva Pazos

 

Carmen Messeret Tomé Silva (1º BACH B) achéganos a gravación de “¡Follas novas!, risa dáme”, poema V das “Vaguedás” de Follas Novas, na voz de súa nai Montserrat Silva Pazos (55 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

            V
 
 ¡Follas novas!, risa dáme
ese nome que levás,
cal se a unha moura ben moura
branca lle oise chamar.

Non Follas novas, ramallo
de toxos e silvas sós,
hirtas, coma as miñas penas,
feras, coma a miña dor.

Sin olido nin frescura,
bravas magoás e ferís...
¡Se na gándara brotades,
como non serés así!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...