domingo, 9 de marzo de 2025

Primeira e segunda parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de Manuel Quintáns Varela

 

Hugo Quintáns Otero (3º ESO A) achéganos a gravación da primeira e segunda parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de Manuel Quintáns Varela (44 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

 #_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soídades.

            I.

Cando vos oyo tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á chorar.
            ——
Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doyo.
            ——
Dóyome de dor ferida,
Qu' antes tiña vida enteira,
Y oxe teño media vida.
            ——
Solo media me deixaron
Os que d' aló me trouxeron,
Os que d' aló me roubaron.
            ——
Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.
            ——
Qu' os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

             II.

Aló pó la mañanciña
Subo enriba dos outeiros,
Lixeiriña, lixeiriña.
             ——
Com' un-ha craba lixeira,
Para oir das campaniñas
A batalada pirmeira.
             ——
A pirmeira d' alborada
Que me traen os airiños,
Por me ver mais consolada.
             ——
Por me ver menos chorosa,
Nas sus alas má traen
Rebuldeira e queixumbrosa.
            ——
Queixumbrosa e retembrando
Por antr' e verd' espesura,
Por antr' o verde arborado.
            ——

E pó la verde pradeira,
Por riba da veiga llana,

Rebuldeira e rebuldeira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...