domingo, 9 de marzo de 2025

Segunda parte do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na voz de Hugo Quintáns Otero

 

Hugo Quintáns Otero (3º ESO A) achéganos a gravación da segunda parte do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

               II.

      Asi mó pediron
Na veira do mar,
A ó pé das ondiñas
Que veñen e van.

      Asi mó pediron
Na veira do rio
Que corr' antr' as erbas
Do campo frorido.

     Cantaban os grilos,
Os galos cantaban,
O vento antr' as follas
Runxindo pasaba.

      Campaban os prados,
Manaban as fontes,
Antr' erbas e viñas
Figueiras e robres.

      Tocaban as gaitas
O son das pandeiras,

Bailaban os mozos
Cás mozas modestas.

      Que cofias tan brancas!
Que panos con freco!...
Que dengues de grana!
Que sintas! que adresos!

      Que ricos mandiles,
Que verdes refaixos...
Que feitos xustillos
De cór colorado!

     Tan vivos colores
A vista trubaban,
De velos tan vareos
O sol se folgaba.

      De velos bulindo
Por montes e veigas,
Coidou qu' eran rosas
Garridas e frescas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...