mércores, 5 de marzo de 2025

“¿Quen non xime?”, de Follas Novas, na voz de David Pájaro Parrado

 

David Pájaro Parrado (1º BACH A) achéganos a gravación de “¿Quen non xime?”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

¿Quen non xime?


Luz e progreso en todas partes... pero

As dudas n'os corazós,

E vagoas qu'un non sabe por que corren,

E dores qu'un non sabe por que son.

___

Outro cantar din cansados

D'este estribilo os que chegando van,

Nun-ha nova fornada, e qu'andan cegos

Buscando o qu'inda non hay.

___

¡Reprobos!... sempre ó oculto perguntando

Que mudo nada vos di.

Buscade á fé, que se perdeu n'a duda

E deixade de xemir.

___

Mais eles tamen perdidos

Por un-ha y outra senda van e vén

Sin que sepan ¡coitados! por ond'andan,

Sin paz, sin rumbo e sin fé.

___

Trist'é o cantar que cantamos

¿Mais que facer s'outro mellor non hay?

Moita luz deslumbra os ollos,

Causa inquietude ó moito desear.

___

Cand'un-ha peste arrebata

Homes tras homes, n'hay mais

Qu'enterrar de presa os mortos,

Baixá-la frente, e esperar

Que pasen as correntes apestadas...

¡Que pasen!... qu'outras vendrán.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

“Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas, na voz de Alex Balsa Miramontes

  Isaac Cepeda Santomé (1º BACH A) achéganos a gravación de “Nasin cand' as prantas nasen...”, de Follas Novas , na voz de Alex Balsa M...