mércores, 5 de marzo de 2025

“Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na voz de Manuel Morán Moreira

 

Manuel Morán Moreira (1º BACH A) achéganos a gravación de “Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Tecin soya á miña tea,
Sembrey soya o meu nabal,
Soya vou por leña ô monte,
Soya á veẍo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El ẍa non me pousará
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hey de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas dó mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...