mércores, 5 de marzo de 2025

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Borja Parrado Valle

 

Manuel Morán Fraga (1º BACH A) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Borja Parrado Valle. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 


    Un-ha vez tiven un cravo

    Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

    D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

    Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

    —Señor, que todo ó podedes,

    Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

    Cravo de tal condición.

    E doumo Dios e arrinqueino,

    Mais... ¿quen pensara?... Despois

    Xa non sentin mais tormentos

    Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

    En donde o cravo faltou,

E seica, seica tiven soidades

    D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

    ¡Quen-o entenderá, Señor!...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º ESO A) polo 1º premio e a Julia Conde Vázquez (2º ESO A) polo 3º premio no X Certame Literario convocado pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón)

(Nas imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A. C. Mestre G...