mércores, 11 de febreiro de 2026

“Ando buscando meles e frescura...”, de Follas Novas, na voz de Claudia Marzoa Míguez

 

Claudia Marzoa Míguez (3º ESO A) achéganos a gravación do poema “Ando buscando meles e frescura...”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

                  XIX

Ando buscando meles e frescura

      Para os meus labios secos,

Y eu non sei com'atopo, nin por onde,

      Queimores e amarguexos.

                  ______

Ando buscand'almibres qu'almibaren

      Estos meus agres versos,

Y eu non sei como, nin por onde, sempre

      Se lles atopa un ferro.

                  ______

      Y o ceo e Dios ben saben

      Non teño á culpa d'eso;

      ¡Ay! sin querelo, tena,

O lastimado corazón enfermo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....