Nerea Sánchez Rendo (3º ESO A) achéganos a gravación dun fragmento de “Cando a luniña aparece...”, de Cantares gallegos, na voz de súa nai Raquel Sánchez Mella (43 anos).
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia
Cando á luniña aparece
Y ó sol nos mares s’esconde,
Todo é silencio nos campos,
Todo na ribeira dorme.
Quedan as veigas sin xente,
Sin ovelliñas os montes,
A fonte sin rosas vivas,
Os árboriños sin cantores.
Medroso ó vento que pasa
Os pinos xigantes move,
Y â voz que levanta triste,
Outra máis triste responde.
Son as campanas que tocan,
Que tocan en sons de morte,
Y ô corazón din n’olvides
Ós que para sempre dormen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario