martes, 24 de febreiro de 2026

Cuarta parte de “Cantart'ei, Galicia...”, de Cantares Gallegos, na voz de Alex Balsa Miramontes

 

Alicia Balsa Miramontes (3º ESO B) achéganos a gravación da cuarta parte de “Cantart'ei, Galicia...”, de Cantares Gallegos, na voz de seu irmán Alex. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

IV.

Cantart' ei, Galicia,
Teus dulces cantares,
Qu' asi mo pediron
Na veira do mare.

Cantar t' ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.

Mimosa, soave,
Sentida, queixosa,
Encanta si rie,
Conmove si chora.

Cal ela, ningunha
Tan dulce que cante,
Soidades amargas,
Sospiros amantes.

Misterios da tarde,
Murmuxos da noite:
Cantar t' ei, Galicia,
Na veira das fontes.

Qu' asi mo pediron,
Qu' asi mo mandaron,
Que cant' e que cante
Na lengua qu' eu falo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....