Alicia Balsa Miramontes (3º ESO B) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Airiños, airiños, aires”, de Cantares Gallegos, na voz de seu irmán Alex.
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia
Airiños, airiños, aires
Airiños,
airiños, aires,
airiños da miña terra,
airiños,
airiños, aires,
airiños levaime a ela.
Sin
ela vivir non podo,
non podo vivir contenta,
que a donde
queira que vaia
cróbeme unha sombra espesa.
Cróbeme unha
espesa nube
tal preñada de tormentas,
tal de soidás
preñada
que a miña vida envenena.
Levaime, levaime,
airiños,
como unha folliña seca,
que seca tamén me
puxo
a callentura que queima.
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario