martes, 24 de febreiro de 2026

Primeira parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de José Ramón Eiras Fuentes (74 anos)

 

Noa Eiras Ferrol (3º ESO B) achéganos a gravación da primeira parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de seu avó José Ramón Eiras Fuentes (74 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia


¡Pra a Habana!

I
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María, eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....