mércores, 4 de marzo de 2026

Fragmento de “Como chove mihudiño”, de Cantares Gallegos, na voz de Iago Caamaño Marzoa

 

Iago Maceira Fernández (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Como chove mihudiño”, de Cantares Gallegos, na voz de Iago Caamaño Marzoa. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

Como chove mihudiño,
Como mihudiño chove,
Como chove mihudiño,
Pó-la banda de Laiño,
Pó-la banda de Lestrobe.

Com' a triste branca nube
Truba ó sol qu' inquieto aluma,
Cal ó crube y ó descrube,
Pasa, torna, volve, e sube,
Enrisada branca pruma.

Xa dempois lonx' espallada
Pó-los aires fuxitivos
Desteñida, sombrisada,
Nos espaços desatada
Cae brillando en rayos vivos.
(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXVI): Fóra do normal, de María Reimóndez. Realizado por Elia Villar Rodríguez

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fóra do normal , de María Reimóndez (col....