mércores, 4 de marzo de 2026

Primeira e quinta partes do poema “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de Eloy Nieves Mejuto

 

Eloy Nieves Mejuto (1º BACH A) achéganos a gravación da primeira e quinta partes do poema “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 ¡Pra a Habana!

I
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María, eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"

V
Éste vaise i aquél vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Book tráiler (XXXII): O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas. Realizado por Iago Lago Villanueva

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O lapis do carpinteiro , de Manuel Rivas ...