venres, 7 de marzo de 2025

Primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na voz de Carlos Maneiro

 

Sofía Maneiro Porto-Vilas (1º BACH B) achéganos a gravación de primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na voz de seu pai Carlos Maneiro (49 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.

Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.

Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Mais son prob' e mal pecado,

A miña terra n' é miña,

Qu' hastra lle dán de prestado

A veira por que camiña

O que naceu desdichado.


Téñovos pois que deixar,

Hortiña que tanto amei,

Fogueiriña dó meu lár,

Arboriños que prantei,

Fontiña do cabañar.

Adios, adios que me vou,

Herbiñas do camposanto,

Donde meu pay s' enterrou,

Herbiñas que biquey tanto,

Terriña que vos criou.

Adios tamén, queridiña...

Adios por sempre quizais!...

Dígoch' este adios chorando

Desd' á veiriña do mar.

Non m' olvides, queridiña,

Si morro de soidás...

Tantas legoas mar adentro...

¡Miña casiña! meu lar!

 

“Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na voz de Eva Candal Suárez

 

Nicolao Bueno Candal (3º ESO A) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na voz de súa nai Eva Candal Suárez (50 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.


 

“Cantan os galos pr' ó dia”, de Cantares gallegos, na voz de Eva Candal Suárez

 

Nicolao Bueno Candal (3º ESO A) achéganos a gravación de “Cantan os galos pr' ó dia”, de Cantares gallegos, na voz de súa nai Eva Candal Suárez (50 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 


Cantan os galos pr' ó dia,
Erguete, meu ben, e vaite.
Como m' ei d' ir queridiña,
Como m' ei d' ir e deixarte


— D' eses teus olliños negros
Como doas relumbrantes,
Hastr' as nosas maus unidas
As vagoas ardentes caen.
¿Como m' ei d' ir si te quero?
Como m' ei d' ir e deixarte,
Si cá lengua me desvotas
E có coraçon me atraes?
N' un corruncho do teu leito
Cariñosa m' abrigaches
Có teu manso caloriño
Os frios pés me quentastes;
E d' aqui xuntos miramos
Por antr' ó verde ramaxe,
Cal iba correndo á lua
Por enriba dos pinares.
¿Como queres que te deixe
Como que de ti m' aparte,
Si mais qu' á mel eres dulce
E mais qu' as froles soave?

— Meiguiño, meiguiño meigo,
Meigo que me namoraste,
Baite d' onda min meiguiño
Antes qu' ó sol se levante.

— Ainda dorme, queridiña,
Antr' as ondiñas do mare,
Dorme por que m' acariñes
E por qu' amante me chames,
Que sol' onda tí, meniña,
Pódo contento folgare.

— Xa cantan os paxariños,
Erguete, meu ben, qu' é tarde.

— Deixa que canten, Marica,
Marica deixa que canten...
Si tí sintes que me vaya,
Eu relouco por quedarme.

— Conmigo, meu queridiño,
Mitá dá noite pasaches.

— Mais en tanto ti dormias
Contenteime con mirarte,
Qu' asi sorrind' entre soños
Coidaba qu' eras un anxel,
E non con tanta pureza
O pé d' un anxel velase.

— Asi te quero, meu ben,
Com' un santo dos altares,
Mais fuxe... qu' ó sol dourado
Por riba dos montes saye.

— Irey, mais dame un biquiño
Antes que de tí m' aparte;
Qu' eses labiños de rosa
Inda non sei como saben.

— Con mil amores chó dera,
Mais teño que confesarme,
E moita vergonza fora
Ter un pecado tan grande.

— Pois confesate, Marica,
Que cando casar nos casen,
Non ch' an de valer, meniña,
Nin confesores nin frades.
Adios, cariña de rosa!

— Raparigo, Dios te garde!

 

“Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na voz de Carmen Messeret Tomé Silva

 

Carmen Messeret Tomé Silva (1º BACH B) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.


 

Primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, nas voces de Uxía Martínez Santiago e de Noa Sal Pazos

 

Uxía Martínez Santiago (1º BACH A) achéganos a gravación de primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na súa propia voz e na de Noa Sal Pazos. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.

Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.

Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Mais son prob' e mal pecado,

A miña terra n' é miña,

Qu' hastra lle dán de prestado

A veira por que camiña

O que naceu desdichado.


Téñovos pois que deixar,

Hortiña que tanto amei,

Fogueiriña dó meu lár,

Arboriños que prantei,

Fontiña do cabañar.

Adios, adios que me vou,

Herbiñas do camposanto,

Donde meu pay s' enterrou,

Herbiñas que biquey tanto,

Terriña que vos criou.


Adios tamén, queridiña...

Adios por sempre quizais!...

Dígoch' este adios chorando

Desd' á veiriña do mar.

Non m' olvides, queridiña,

Si morro de soidás...

Tantas legoas mar adentro...

¡Miña casiña! meu lar!

 

Primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, nas voces de Uxía Martínez Santiago e de Noa Sal Pazos

 

Uxía Martínez Santiago (1º BACH A) achéganos a gravación da primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na súa propia voz e na de Noa Sal Pazos. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Campanas de Bastabales

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades
.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

“O toque d'alba”, de Follas Novas, na voz de Hugo Cabo Porto

 

Hugo Cabo Porto (1 BACH A) achéganos a gravación do poema “O toque d'alba”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

O toque d'alba


D’a Catredal campana

Grave, triste e sonora,

Cand’ô rayar d’o dia

O toque d’alba tocas,

N’o espazo silencioso

Soando malencónica;

As tuas bataladas

Non sei que despertares me recordan.

Foron alguns tan puros

Coma o fulgor d’aurora,

Outros cal a esperanza

Qu’o namorado soña,

Y â derradeira inquietos,

Mitá luz, mitá sombras,

Mitá un pracer sin nome,

E mitá un-ha sorpresa aterradora.

¡Ay! qu’os anos correron

E pasaron auroras

E menguaron as dichas

E medràno as congoxas.

E cand’ora campana,

O toque d’alba tocas,

Sinto que se desprenden

D’os meus ollos bagullas silenciosas.

¡Que xorda e tristemente,

Que pavorosa sóas

No meu esperto oido,

Mensaxeira d’a aurora,

Cand’ô romper d’o dia

Pausadamente tocas!...

¿En donde van aqueles

Despertares de dichas e de groria?

Pasaron para sempre:

Mais tí, grave e sonora,

¡Ay! ô romper d’o dia

C’a tua voz malencónica

Vés de cote á lembrarnos

Cada nacente aurora;

E parece qu’a morto

Por eles e por min á un tempo dobras.

p. 49D’a catredal campana

Tan grave e tan sonora.

¿Por qué á tocar volveches

A yalba candorosa

des qu’eu ouben d’oirte

En bagullas envolta?

Mais ben pronto... ben pronto, os meus oidos

Nin t’oirán n’a tarde nin n’a aurora.

¡Mar! c’as tuas auguas sin fondo

¡Ceo! c’a tua imensidá,

O fantasma que m’aterra

Axudádeme á enterrar.

É mais grande que vos todos

E que todos pode mais...

C’un pé posto onde brilan os astros,

E outro ond’a coba me fan.

Impracabre, bulron e sañudo,

Diante de min sempre vay,

Y amenaza perseguirme

Hastr’a mesma eternidá.

Caba lixeiro, caba,

Xigante pensamento,

Caba un fondo burato ond’a memoria

D’o pasado enterremos.

¡Â terra c’os difuntos!

¡Caba, caba lixeiro!

E por lousa daráslle o negro olvido,

Y-a nada lle darás por simiterio.

Cando penso que te fuches,

Negra sombra que m’asombras,

Ô pe d’os meus cabezales

Tornas facéndome mofa.

Cando maxino qu’ês ida

N’o mesmo sol te m’amostras,

Y eres a estrela que brila,

Y eres o vento que zóa.

Si cantan, ês ti que cantas,

Si choran, ês ti que choras,

Y-ês o marmurio d’o rio

Y-ês a noite y ês a aurora.

En todo estás e ti ês todo,

Pra min y en min mesma moras,

Nin m’abandonarás nunca,

Sombra que sempre m’asombras.

 

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...