(Nas
imaxes reproducimos a acta do xurado e unha fotografía da entrega, con todas as premiadas e o alcalde Boqueixón) (Fonte: A.
C. Mestre Gacio)
Nerea
Rendo Sánchez,
alumna de 3º
da ESO A
no IES Lamas de Abade e Julia
Conde
Vázquez,
alumna de 2º
da ESO A,
veñen de ser galardoadas co 1º
e o 3º premio, respectivamente, da categoría B (Xuvenil) no X
Certame Literario convocado pola Asociación
Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón) e no que
todas narracións tiñan que inspirarse no mítico Pico Sacro. Nerea
presentou o relato titulado Aldara,
a doncela do Pico Sacro,
mentres que Julia
titulouno A
cápsula do tempo.
Velaquí a Acta do xurado:
-ACTA-
Sendo
as 13 horas do 04 de Nadal de 2025, o xurado do X Certame de
narración breve Mestre Manuel Gacio, acorda:
Categoría
A:
1º
Premio: Un ovo fóra do común de Carla Villaverde
Pampín.
2º
Premio: A historia mitolóxica de Lois
Andión López.
3º
Premio: Todos somos importantes de Andrea Rodríguez
Pereira.
Categoría
B:
1º
Premio: Aldara,
a doncela do Pico Sacro
de Nerea
Rendo Sánchez.
2º
Premio: O apagón no Pico de Adriana González
Leira.
3º
premio: A
cápsula do tempo de
Julia
Conde
Vázquez.
O
xurado valorou a numerosa participación, así como a alta calidade
dos textos presentados e orixinalidade.
Destacar
o coñecemento do Pico Sacro por parte das autoras e autores, así
como a paixón narrativa e a riqueza de vocabulario.
O
Pico Sacro segue a xerar talentos para a nosa literatura, sendo unha
referencia literaria de primeira índole para as novas xeracións.
Destacar
que existe unha sensibilidade especial sobre a conservación da
contorna natural.
O
xurado:
Carlos
Loureiro Fernando González Xosé Luna
Secretario
Vogal Vogal
Os
nosos parabéns a Nerea Rendo Sánchez (3º
ESO A) polo 1º premio e a Julia
Conde Vázquez (3º ESO A).
E velaquí os relatos premiados:
ALDARA,
A DONCELA DO PICO SACRO
Hai
séculos, cando os bosques galegos aínda murmuraban segredos a quen
sabía escoitar,
vivía nunha pequena aldea, aos pés do Pico Sacro, unha moza chamada
Aldara.
A
súa beleza era tal que os vellos dicían que nacera baixo o influxo
das estrelas. Tiña o don
de acougar os animais, e a súa voz era tan doce que semellaba tecida
con fíos de vento.
Un
serán de outono, deses nos que o ceo se tingue de cor acastañada e
as follas crepitan baixo
os pés, Aldara saíu soa ao bosque. Estaba á procura de flores
silvestres para entrelazar
coroas, como facía desde nena. Pero aquel día, decatouse de algo
distinto. Un sendeiro,
que nunca antes vira, abríase entre os carballos, bordeado de fentos
que semellaban
inclinarse ao seu paso. A curiosidade empuxouna a seguir adiante, sen
saber que
cada paso a afastaba do mundo que coñecía.
A
medida que se achegaba ao pé do Pico Sacro, unha néboa espesa
comezou a descender,
silenciosa e envolvente. Non era a brétema habitual das mañás
galegas, senón
unha néboa densa, que semellaba ter vontade propia. O aire volveuse
frío, e os sons
do bosque —o canto dos paxaros, o murmurio do vento— apagáronse
de súpeto. O chan
baixo os seus pés tremeu levemente, como se algo espertase nas
entrañas da montaña.
Intentou volver sobre os seus pasos, pero o sendeiro desaparecera. A néboa rodeouna
por completo, e nese intre, o tempo semellou deterse.
Os
veciños e veciñas da aldea buscárona durante días. Percorreron
cada recuncho do bosque,
berraron unha e outra vez a Aldara polo seu nome, acenderon fogueiras
para guiala
de volta... pero non houbo resposta.
Só
o Pico Sacro, impoñente e silencioso, observaba desde o alto. Algúns
dicían que a montaña
elixira a esa fermosa moza e outros que cruzara un limiar invisible,
un que separa
o mundo dos vivos do reino do oculto.
O
que ninguén sabía era que o Señor do Pico Sacro, que habitaba nas
entrañas da gran montaña,
ao ver a Aldara, se namorara profundamente da súa luz. Foi el quen a
levou ao seu
reino oculto baixo as rochas, un pazo de cuarzo e raíces, onde o
tempo discorría cunha
lentitude infinita.
Alí,
a moza foi coroada raíña. Agasallárona con xoias esculpidas coas
máis valiosas pedras
preciosas, vestidos tecidos con fíos de ouro e seda, e un trono de
cristal de cuarzo,
colocado nun pedestal elevado, desde o que podía ver todo o que se
estendía ao seu
arredor.
Durante
un tempo, Aldara viviu rodeada de luxos e encantamentos. O pazo do
Señor do monte
era un lugar de beleza silenciosa, cheo de pedras dun brillo único,
corredores interminables
e salas onde a luz se reflectía coma se fose máxica. Todo estaba
pensado para
agradala: os vestidos, os banquetes, os agasallos. Mais, a pesar de
todo iso, o seu corazón
non pertencía ao Señor do Pico Sacro. Ela sentíase allea a aquel
mundo perfecto
e frío, coma se fose unha visitante nun lugar que non lle
correspondía.
No
pazo vivía tamén Luar, un mozo que traballaba como criado. Tiña os
ollos claros coma
a auga dun río, a pel moura marcada polo sol, e mans endurecidas
polo traballo.
Non
tiña xoias nin títulos, pero tiña algo que Aldara comezou a
valorar por enriba de todo:
palabras que nacían do seu corazón. El faláballe do mundo
exterior, das aldeas, dos
camiños, do mar e do vento. Faláballe da liberdade, esa que ela
tanto botaba en falta.
Pouco
a pouco, Aldara foi descubrindo en Luar unha presenza cálida, unha
compañía que
lle devolvía a risa e a esperanza. Atopou nel a calor que a montaña,
por moito que brillase,
non podía darlle.
O
seu amor foi segredo, pero non eterno. Unha noite, o señor do Pico
Sacro descubriunos
abrazados baixo a luz das estrelas. A súa furia foi coma un trono: destronou
a Aldara, arrebatoulle a vista cun sopro de néboa negra, e
expulsouna do reino subterráneo.
Cando
xa ninguén a agardaba, posto que pasaran moitos anos, Aldara
apareceu na aldea onde
nacera, envellecida, coa pel engurrada e os ollos opacos coma pedra.
Camiñaba descalza,
envolta en farrapos que un día foran sedas, murmurando palabras
nunha lingua que
ningunha persoa comprendía. Ninguén a recoñecía, agás unha
velliña que a mirou con
ollos húmidos e murmurou: “Miña querida Aldara, o señor do Pico
Sacro non perdoa
a traizón”.
Aldara
quedou a vivir na aldea que a viu nacer. A veciñanza, movida pola
compaixón e por
unha estraña tenrura que espertaba a súa presenza, acolleuna con
agarimo.
Axudárona
a reconstruír unha vida sinxela, entre hortas e silencios, e aínda
que ela nunca
recuperou a vista nin a fala clara, moitos sentían que a súa alma
traía consigo unha
antiga sabedoría, coma se fose parte da propia terra.
Desde
entón, dise que nas noites de lúa chea, unha figura encurvada
camiña cara á montaña,
guiada polo son do vento entre as rochas. Algúns cren que é Aldara,
que aínda busca
o perdón do Señor do Pico Sacro. Outros din que agarda
reencontrarse con Luar, que
desapareceu o mesmo día que ela foi expulsada das entrañas do monte
máxico.
E
hai quen afirma que, se escoitas con atención, o Pico Sacro canta
unha melodía triste cando
baixa a néboa: é a canción de Aldara, a raíña cega que amou
demasiado.
Pseudónimo:
Néboa
A
CÁPSULA DO TEMPO
Era
un cálido xullo dun cálido verán, e alí estaba eu en medio daquel
monte que podía considerar
o meu fogar, xa que practicamente vivira alí dende que teño uso de
razón, e acompañárame
en toda a miña vida. O Pico Sacro.
Eu estaba cos meus dous mellores amigos,
os irmáns Hugo e Leo, este primeiro era da miña idade, 13 anos,
moreno e de ollos
verdes, profundos e amables; e Leo era dous anos menor, tamén
moreno, tanto de pelo
como de ollos, e ambos compartían o seu gusto polo lugar comigo.
Estábamos nun pequeno
claro que o bosque nos ofrecía, cunha pequena caixa de metal e a
miña boneca Barbie
preferida. Íamos facer unha cápsula do tempo que desenterraríamos
anos despois.
Sería como soterrar unha parte de nós no bosque, xa que unha parte
do bosque xa
estaba soterrada en nós. Eu levaba a miña boneca, Hugo un libro e
Leo unha cámara instantánea,
todo iso acompañado de sorrisos e alegría.
Cando
atopamos o lugar perfecto para enterralo todo démonos conta de que precisábamos
algo para escavar, así que eu e Hugo fomos a por paus e pedras para poder
facer un buraco. Mentres tanto, Leo agardaba alí preparando a
cápsula. Ao avanzar
un pouco deime conta de que era das poucas veces que nos atopábamos
a soas e estremecinme
de pensalo. De repente, Hugo parou en seco.
– Unha
cousa Mariña, quero que saibas que... – tatexaba –gu...gústasme.
Eu
púxenme vermella case ao instante, era máis que evidente que os
dous sentíamos o mesmo,
pero o meu subconsciente estivéramo negando dende facía meses.
– A
min ti tamén– dixen case de forma automática, como se quixera
telo dito dende moito
tempo atrás.
Logo de iso todo se sumiu nun acolledor silencio onde
os nosos latexos
pretendían marcar un ritmo. O bosque pareceu entender a situación e
preparou o mellor
escenario posible. Acercámonos e todo fluíu, biqueino, bicoume;
estábamos nunha
aperta tan sincera que llo confesaría todo se mo pedise. Pero algo
rompeu o silencio,
un clic dunha cámara de fotos e as risas de Leo dicindo que llo
contaría todo aos
nosos pais. Pronto corremos e quitámoslle a foto das mans. Seguimos
correndo e visualizamos
a caixa onde estaban metidas todas as nosas cousas. Collémola e escondémonos
detrás dunha árbore de forma que Leo non nos vise.
Máis
tarde, cando xa non había rastro del, enterramos a caixa baixo
aquela árbore, coa nosa
foto dentro, e prometemos nunca máis facer algo así para que os
nosos pais non o descubrisen.
Antes de marchar, Hugo sorriume colleu unha pequena navalla do peto e gravou
unha “M” e un corazón na codia da árbore. Algo que eu tamén
sentín coma se ese
fora o momento no que realmente me enlacei co bosque para sempre.
4
anos despois...
Alí
estábamos todos despois de moitos anos, Hugo, Leo, Uxía, Erea,
Xulio e eu. Aquel lugar
facíame sentir segura, era unha parte de min; pero tivemos que
mudarnos fai uns anos
a Vigo cando morreu a avoa.
Por razóns da vida Hugo e Leo tamén se
mudaran cerca
de min, así que nunca deixamos de ser amigos. Os tres botábamos de
menos este marabilloso
lugar ata que convencemos ós nosos amigos de vir a pasear polo noso pasado.
Despois de dar unhas voltas e contar algunhas lendas do lugar
decidimos ir adar
un paseo polo bosque. A primavera daba múltiples sinais da súa
chegada, e os seus olores
seducíronos de tal maneira que nos acabamos adentrando entre as
árbores e matorrais.
Ao camiñar un tempo vimos unha árbore coa cal quedei queda e mirei
a Hugo.
El, á súa vez, chiscoume un ollo e sorriu.
– Rapazada!
Nesta árbore soterramos eu, Mariña e Leo fai anos unha cápsula do
tempo con
algunhas cousas que por aquel entón nos gustaban.
E
así era, esa era a árbore do corazón e a “M”. Deseguido foron
Xulio e Uxía a por unha pa
e desenterramos a caixa. A base dalgúns golpes abrímola. O que
había dentro non foi unha
sorpresa para min nin para Hugo, pero ao parecer si que o era para os
demais.
– Eses
sodes...?– murmurou Erea.
– Si,
somos eu e Hugo de pequenos– fíxose o silencio.
Ter desenterrado a
caixa tamén desenterrou
os meus sentimentos por Hugo, que me demostraron que nunca desapareceran,
só que viviran ocultos pola espesura da montaña.
Xirei
a miña mirada que se cruzou cos verdes e penetrantes ollos daquel
que tantas sensacións
me provocaba. Achegueime a el e observei como se tensaban os seus músculos.
El lía as miñas intencións e aínda así parecía non querer
reaccionar. Todos nos
estaban mirando. Púxenme nerviosa, e se el non sentía nada por min?
E se estaba facendo
o ridículo? Dei un paso en falso cara atrás e caín, ata o meu
lugar seguro me estaba
traizoando. Agora si que estaba facendo o ridículo. Pero Hugo
colleume da man e axudoume
a levantarme, logo acercoume ao seu corpo e bicoume despois de 4
anos.
Esta
vez era diferente, era máis forte, con máis ganas; apreciábase que
a el tamén lle doera
a espera. E fundímonos nun bico inesquecible, agarimoso e único,
que pechou unha
etapa no mesmo lugar que a comezou, no Pico Sacro.
Pseudónimo:
Brúxula Escondida