mércores, 4 de febreiro de 2026

“Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na voz de Mónica Liñeiras Barreiro (46 anos)

 

Candela Ferro Liñeiras (3º ESO A) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na voz de súa nai Mónica Liñeiras Barreiro (46 anos).

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.

“Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na voz de Cristina Nuez Aldrey

 

Cristina Nuez Aldrey (3º ESO A) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia


Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.

Primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de Mencía Angueira Rico

 

Mencía Angueira Rico (1º BACH B) achéganos a gravación da primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soídades.

I.

Cando vos oyo tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á chorar.
——
Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doyo.
——
Dóyome de dor ferida,
Qu' antes tiña vida enteira,
Y oxe teño media vida.
——
Solo media me deixaron
Os que d' aló me trouxeron,
Os que d' aló me roubaron.
——
Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.
——
Qu' os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

“Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na voz de Eva Miguélez González

 

Eva Miguélez González (3º ESO A) achéganos a gravación de “Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

Tecin soya á miña tea,
Sembrey soya o meu nabal,
Soya vou por leña ô monte,
Soya á veẍo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El ẍa non me pousará
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hey de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas dó mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Daniel Miguélez López (50 anos)

 

Eva Miguélez González (3º ESO A) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de seu pai Daniel Miguélez López (50 anos) 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

            Un-ha vez tiven un cravo

            Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

            D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

             Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

            —Señor, que todo ó podedes,

            Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

            Cravo de tal condición.

            E doumo Dios e arrinqueino,

            Mais... ¿quen pensara?... Despois

            Xa non sentin mais tormentos

            Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

            En donde o cravo faltou,

            E seica, seica tiven soidades

            D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

            ¡Quen-o entenderá, Señor!...

luns, 2 de febreiro de 2026

“Bós amores”, de Follas Novas, na voz de Carolina Mourelle Gómez

 

Carolina Mourelle Gómez (3º ESO B) achéganos a gravación do poema “Bós amores”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

BÓS AMORES


Cal olido de rosas que sai d'antr'ó ramaxen

Nun-ha mañan de Mayo, hay amores soaves

Que n'inda vir se sinten, nin se ve cand'entraren

Po-la mimosa porta qu'ó corazón lles abre

            De seu, cal s'abre n'o agosto

            A frol ô orballo d'a tarde.

E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,

Brandos asi e saudosos, cal alentar d'os ánxeles,

En nós encarnan puros, corren co'a nosa sangre

Y os hermos reverdecen, d'o esprito onde moraren.

            Busca estes amores... búscaos,

            Si tes quen ch'os poida dare;

            Qu'estes son soyo os que duran

            N'esta vida de pasaxen.

Segunda parte do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na voz de Carolina Mourelle Gómez

 

Carolina Mourelle Gómez (3º ESO B) achéganos a gravación da segunda parte do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

               II.

      Asi mó pediron
Na veira do mar,
A ó pé das ondiñas
Que veñen e van.

      Asi mó pediron
Na veira do rio
Que corr' antr' as erbas
Do campo frorido.

     Cantaban os grilos,
Os galos cantaban,
O vento antr' as follas
Runxindo pasaba.

      Campaban os prados,
Manaban as fontes,
Antr' erbas e viñas
Figueiras e robres.

      Tocaban as gaitas
O son das pandeiras,

Bailaban os mozos
Cás mozas modestas.

      Que cofias tan brancas!
Que panos con freco!...
Que dengues de grana!
Que sintas! que adresos!

      Que ricos mandiles,
Que verdes refaixos...
Que feitos xustillos
De cór colorado!

     Tan vivos colores
A vista trubaban,
De velos tan vareos
O sol se folgaba.

      De velos bulindo
Por montes e veigas,
Coidou qu' eran rosas
Garridas e frescas.

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...