venres, 6 de febreiro de 2026

“Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na voz de Rosa Río (76 anos)

 

Mariña González Pardiñas (3º ESO C) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na voz de súa avoa Rosa Río (76 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.

Primeira parte do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na voz de María Mato Salgueiro

 

María Mato Salgueiro (1º BACH B) achéganos a gravación da primeira parte do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

             1.


       As de cantar
      Que ch' ei de dar zonchos;
      As de cantar
      Que ch' ei de dar moitos.

               I.

      «As de cantar
Meniña gaiteira,
As de cantar
Que me morro de pena

      Canta meniña
Na veira da fonte,
Canta dareiche
Boliños do pote.

      Canta meniña
Con brando compas,

Dareich' unha proya
Da pedra do lar.

     Papiñas con leite
Tamén che darei,
Sopiñas con viño,
Torrexas con mel.

     Patacas asadas
Con sal é vinagre,
Que saben á noces.
¡Que ricas que saben!

     ¡Que feira, rapaza,
Si cantas faremos!...
Festiña por fora,
Festiña por dentro.

     Canta si queres,
Rapaza do demo
Canta si queres.
Dareich' un mantelo.

     Canta si queres
Na lengua qu'eu falo,
Dareich' un mantelo.
Dareich' un refaixo.

     Có son da gaitiña.
Có son da pandeira,
Che pido que cantes.
Rapaza morena.

      Có son da gaitiña,
Có son do tambor,
Che pido que cantes
Meniña por Dios.»

Primeira, segunda e quinta parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de María Mato Salgueiro

 

María Mato Salgueiro (1º BACH B) achéganos a gravación de tres partes de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

¡Pra a Habana!

I
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María, eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"

IV

Animo, compañeiros,

Tod’â terra é d’os homes.

Aquel que non veu nunca mais que a propria

A iñorancia ó consome.

¡Animo! á quen se muda Dio-l-o axuda!

¡E anque ora vamos de Galicia lonxe,

Verés dês que tornemos

O que medrano os robres!

Mañan é o dia grande ¡â mar amigos!

¡Mañan, Dios nos acoche!

¡N’o sembrante á alegría,

N’o corazon o esforzo

Y a campana armoniosa d’a esperanza,

Lonxe, tocando á morto!

V
Éste vaise i aquél vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

mércores, 4 de febreiro de 2026

“Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na voz de Lucía Varela Díaz

 

Lucía Varela Díaz (3º ESO A) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches ”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.

Quinta parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de Lucía Varela Díaz

 

Lucía Varela Díaz (3º ESO A) achéganos a gravación da quinta parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

V.

Corre ó vento, ó río pasa;

Corren nubes, nubes corren

Camiño da miña casa.

——

Miña casa, meu abrigo:

Vanse todos, eu me quedo

Sin compaña, nin amigo.

——

Eu me quedo contemprando

As laradas d’ás casiñas

Por quen vivo suspirando.

——

Ven á noite..., morre ó día,

As campanas tocan lonxe

O tocar d’ Ave María.

——

Elas tocan pra que rece;

eu non rezo, qu’ os saloucos,

afogándome parece

que por min tên que rezar.

——

Campanas de Bastabales,

Cando vos oyo tocar,

Mórrome de soidades.

Primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de Mónica Liñeiras Barreiro (46 anos)

 

Candela Ferro Liñeiras (3º ESO B) achéganos a gravación da primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de súa nai Mónica Liñeiras Barreiro (46 anos) 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soídades.

I.

Cando vos oyo tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á chorar.
——
Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doyo.
——
Dóyome de dor ferida,
Qu' antes tiña vida enteira,
Y oxe teño media vida.
——
Solo media me deixaron
Os que d' aló me trouxeron,
Os que d' aló me roubaron.
——
Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.
——
Qu' os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

—— 

Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soídades.

Fragmento do poema “Quíxente tanto, meniña”, Cantares Gallegos, nas voces de Cristina Nuez Aldrey e seu pai Miguel Nuez Monzón (48 anos)

 

Cristina Nuez Aldrey (3º ESO A) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Quíxente tanto, meniña”, Cantares Gallegos, na súa propia voz e na de seu pai Miguel Nuez Monzón (48 anos) 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

[Quíxente tanto, meniña...]


«Quíxente tanto, meniña,

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa,

branca aurora e craro sol;


augua limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito,

vida do meu corazón».


Así che falín un día

camiñiño de San Lois,

todo oprimido de angustia,

todo ardente de pasión,


mentras que ti me escoitabas

depinicando unha frol,

porque eu non vise os teus ollos

que refrexaban traiciós.


Dempois que si me dixeches,

en proba de teu amor

décheme un caraveliño

que gardín no corazón.


¡Negro caravel maldito,

que me fireu de dolor!

Mais a pasar polo río,

¡o caravel afondou!...


Tan bo camiño ti leves

como o caravel levou.

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...