mércores, 4 de marzo de 2026

“Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na voz de Claudia Dorelle Albela

 

Ángela Nebra Iglesias (1º BACH B) achéganos a gravación de “Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na voz de Claudia Dorelle Albela. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 Tecin soya á miña tea,
Sembrey soya o meu nabal,
Soya vou por leña ô monte,
Soya á veẍo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El ẍa non me pousará
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hey de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas dó mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Noa Fernández-Sanjuas Valiño

 

Antía Rozas Sixto (1º BACH B) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Noa Fernández-Sanjuas Valiño. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 

            Un-ha vez tiven un cravo

            Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

            D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

            Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

            —Señor, que todo ó podedes,

            Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

            Cravo de tal condición.

            E doumo Dios e arrinqueino,

            Mais... ¿quen pensara?... Despois

            Xa non sentin mais tormentos

            Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

            En donde o cravo faltou,

E seica, seica tiven soidades

            D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

            ¡Quen-o entenderá, Señor!...

Fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, de Cantares gallegos, na voz de Aldara Díaz Pereiras

 

Antía Rozas Sixto (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, de Cantares gallegos, na voz de Aldara Díaz Pereiras. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.

Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.

Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Diego Iglesias Rey

 

Iago Maceira Fernández (1º BACH A) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Diego Iglesias Rey. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.

(...)

Fragmento de “Como chove mihudiño”, de Cantares Gallegos, na voz de Iago Caamaño Marzoa

 

Iago Maceira Fernández (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Como chove mihudiño”, de Cantares Gallegos, na voz de Iago Caamaño Marzoa. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

Como chove mihudiño,
Como mihudiño chove,
Como chove mihudiño,
Pó-la banda de Laiño,
Pó-la banda de Lestrobe.

Com' a triste branca nube
Truba ó sol qu' inquieto aluma,
Cal ó crube y ó descrube,
Pasa, torna, volve, e sube,
Enrisada branca pruma.

Xa dempois lonx' espallada
Pó-los aires fuxitivos
Desteñida, sombrisada,
Nos espaços desatada
Cae brillando en rayos vivos.
(...)

Primeira e quinta partes do poema “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de Eloy Nieves Mejuto

 

Eloy Nieves Mejuto (1º BACH A) achéganos a gravación da primeira e quinta partes do poema “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 ¡Pra a Habana!

I
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María, eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"

V
Éste vaise i aquél vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

Fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, de Cantares gallegos, na voz de Eloy Nieves Mejuto

 

Eloy Nieves Mejuto (1º BACH A) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Adios ríos, adios fontes”, de Cantares gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.

Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.

Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...