mércores, 25 de febreiro de 2026

“A xusticia pola man”, de Follas Novas, na voz de Xabier Lafuente Fernández e na de súa nai Lidia Fernández Pastoriza (50 anos)

 

Xabier Lafuente Fernández (3º ESO) achéganos a gravación de “A xusticia pola man”, de Follas Novas, na súa propia voz e na de súa nai Lidia Fernández Pastoriza (50 anos).

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

A xusticia pola man

Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.


“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de súa nai Lidia Fernández Pastoriza (50 anos)

 

Xabier Lafuente Fernández (3º ESO) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de súa nai Lidia Fernández Pastoriza (50 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

 

            Un-ha vez tiven un cravo

            Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

            D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

            Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

            —Señor, que todo ó podedes,

            Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

            Cravo de tal condición.

            E doumo Dios e arrinqueino,

            Mais... ¿quen pensara?... Despois

            Xa non sentin mais tormentos

            Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

            En donde o cravo faltou,

E seica, seica tiven soidades

            D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

           ¡Quen-o entenderá, Señor!...

martes, 24 de febreiro de 2026

Cuarta parte de “Cantart'ei, Galicia...”, de Cantares Gallegos, na voz de Alex Balsa Miramontes

 

Alicia Balsa Miramontes (3º ESO B) achéganos a gravación da cuarta parte de “Cantart'ei, Galicia...”, de Cantares Gallegos, na voz de seu irmán Alex. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

IV.

Cantart' ei, Galicia,
Teus dulces cantares,
Qu' asi mo pediron
Na veira do mare.

Cantar t' ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.

Mimosa, soave,
Sentida, queixosa,
Encanta si rie,
Conmove si chora.

Cal ela, ningunha
Tan dulce que cante,
Soidades amargas,
Sospiros amantes.

Misterios da tarde,
Murmuxos da noite:
Cantar t' ei, Galicia,
Na veira das fontes.

Qu' asi mo pediron,
Qu' asi mo mandaron,
Que cant' e que cante
Na lengua qu' eu falo.

Fragmento do poema “Airiños, airiños, aires”, de Cantares Gallegos, na voz de Alex Balsa Miramontes

 

Alicia Balsa Miramontes (3º ESO B) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Airiños, airiños, aires”, de Cantares Gallegos, na voz de seu irmán Alex. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Airiños, airiños, aires


Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra,
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.

Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta,
que a donde queira que vaia
cróbeme unha sombra espesa.
Cróbeme unha espesa nube
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada
que a miña vida envenena.
Levaime, levaime, airiños,
como unha folliña seca,
que seca tamén me puxo
a callentura que queima.

(...) 

Primeira parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de José Ramón Eiras Fuentes (74 anos)

 

Noa Eiras Ferrol (3º ESO B) achéganos a gravación da primeira parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de seu avó José Ramón Eiras Fuentes (74 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia


¡Pra a Habana!

I
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María, eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"

Primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de José Ramón Eiras Fuentes (74 anos)

 

Noa Eiras Ferrol (3º ESO B) achéganos a gravación da primeira parte do poema “Campanas de Bastabales”, de Cantares gallegos, na voz de seu avó José Ramón Eiras Fuentes (74 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia 

Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soídades.

I.

Cando vos oyo tocar,
Campaniñas, campaniñas,
Sin querer torno á chorar.
——
Cando de lonxe vos oyo,
Penso que por min chamades,
E das entrañas me doyo.
——
Dóyome de dor ferida,
Qu' antes tiña vida enteira,
Y oxe teño media vida.
——
Solo media me deixaron
Os que d' aló me trouxeron,
Os que d' aló me roubaron.
——
Non me roubaran, traidores,
¡Ay! uns amores toliños,
¡Ay! uns toliños amores.
——
Qu' os amores xa fuxiron,
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Noa Fernández-Sanjuas Valiño

 

Noa Fernández-Sanjuas Valiño (1º BACH B) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_26 @aelg @CasadeRosalia

 

            Un-ha vez tiven un cravo

            Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

            D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

            Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

            —Señor, que todo ó podedes,

            Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

            Cravo de tal condición.

            E doumo Dios e arrinqueino,

            Mais... ¿quen pensara?... Despois

            Xa non sentin mais tormentos

            Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

            En donde o cravo faltou,

E seica, seica tiven soidades

            D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

            ¡Quen-o entenderá, Señor!...

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...