mércores, 5 de marzo de 2025

Primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na voz de David Pájaro Parrado

 

David Pájaro Parrado (1º BACH A) achéganos a gravación de primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.

Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.

Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

 

“¿Quen non xime?”, de Follas Novas, na voz de David Pájaro Parrado

 

David Pájaro Parrado (1º BACH A) achéganos a gravación de “¿Quen non xime?”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

¿Quen non xime?


Luz e progreso en todas partes... pero

As dudas n'os corazós,

E vagoas qu'un non sabe por que corren,

E dores qu'un non sabe por que son.

___

Outro cantar din cansados

D'este estribilo os que chegando van,

Nun-ha nova fornada, e qu'andan cegos

Buscando o qu'inda non hay.

___

¡Reprobos!... sempre ó oculto perguntando

Que mudo nada vos di.

Buscade á fé, que se perdeu n'a duda

E deixade de xemir.

___

Mais eles tamen perdidos

Por un-ha y outra senda van e vén

Sin que sepan ¡coitados! por ond'andan,

Sin paz, sin rumbo e sin fé.

___

Trist'é o cantar que cantamos

¿Mais que facer s'outro mellor non hay?

Moita luz deslumbra os ollos,

Causa inquietude ó moito desear.

___

Cand'un-ha peste arrebata

Homes tras homes, n'hay mais

Qu'enterrar de presa os mortos,

Baixá-la frente, e esperar

Que pasen as correntes apestadas...

¡Que pasen!... qu'outras vendrán.

 

“Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na voz de Manuel Morán Moreira

 

Manuel Morán Moreira (1º BACH A) achéganos a gravación de “Tecin soya á miña tea”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Tecin soya á miña tea,
Sembrey soya o meu nabal,
Soya vou por leña ô monte,
Soya á veẍo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El ẍa non me pousará
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hey de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas dó mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.

 

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Borja Parrado Valle

 

Manuel Morán Fraga (1º BACH A) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Borja Parrado Valle. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 


    Un-ha vez tiven un cravo

    Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

    D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

    Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

    —Señor, que todo ó podedes,

    Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

    Cravo de tal condición.

    E doumo Dios e arrinqueino,

    Mais... ¿quen pensara?... Despois

    Xa non sentin mais tormentos

    Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

    En donde o cravo faltou,

E seica, seica tiven soidades

    D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

    ¡Quen-o entenderá, Señor!...

Primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na voz de Adriana González Trillo

 

Adriana González Trillo (1º BACH B) achéganos a gravación de primeira parte do poema “Adios ríos, adios fontes”, Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,

Adios regatos pequenos,

Adios vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m' eu criey,

Ortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña d' o meu contento.

Muhiño d' os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas trimbadoras

D' a igrexiña d' o lugar.

Amoriñas d' ás silveiras

Qu' eu lle dab' ó meu amor,

Camiñiños antr' ó millo,

Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!

Deixo á casa onde nacin,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

Deixo á veiga pó lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Que pudera non deixar!...

 

Fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na voz de Adriana González Trillo

 

Adriana González Trillo (1º BACH B) achéganos a gravación dun fragmento de “Castellanos de Castilla”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla


Castellanos de Castilla,

Tratade ben ós gallegos;

Cando van, van como rosas,

Cando vên, vên como negros.


Cando foi, iba sorrindo;

Cando veu, viña morrendo;

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.


Aquel máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivia

E sin quen vivir non quero.


Foi à Castilla por pan,

E saramagos lle deron,

Déronlle fel, por bebida,

Peniñas por alimento.


Déronlle en fin, canto amargo

Tén a vida no seu seo....

¡Castellanos, Castellanos!

Tendes corazón de ferro.


Ay! No meu corazonciño,

Xa non pode haber contento,

Qu’está de dolor ferido,

Qu’está de loito cuberto.


Morreu aquel qu’eu quería,

E, para min, n’hai consuelo,

Sólo hai para min, Castilla,

A mala lei que che teño.

 

Premita Dios, castellanos,

castellanos que aborreso,

que antes os gallegos morran,

que ir a pedirvos sustento.

 (...)

 

“¡Soya!”, de Follas Novas, na voz de Iago Botana Rivadulla

 

Iago Botana Rivadulla (1º BACH A) achéganos a gravación de “¡Soya!”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

¡Soya! 
Eran craro los-dias
Risoña-l'as mañâns,
Y era a tristeza sua
Negra com'a orfandá.
Iñase a amañecida
Tornaba c'o a serán...
Mais que fora ou viñera
Ninguen ll'o iña á esculcar.
Tomou un dia leve
Camiño d'o areal...
Como naide a esperaba,
Ela non tornou mais.
O cabo d'os tres dias
Botouna fora o mar,
Y ali ond'o corvo pousa,
Soya enterrad'está.

 

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...