martes, 11 de febreiro de 2025

Fragmento do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na voz de Elia Requeijo Gómez

 

Elia Requeijo Gómez (3º ESO B) achéganos a gravación dun longo fragmento do poema “As de cantar”, primeiro de Cantares Gallegos, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

             1

       As de cantar
      Que ch' ei de dar zonchos;
      As de cantar
      Que ch' ei de dar moitos.

               I.

      «As de cantar
Meniña gaiteira,
As de cantar
Que me morro de pena

      Canta meniña
Na veira da fonte,
Canta dareiche
Boliños do pote.

      Canta meniña
Con brando compas,

Dareich' unha proya
Da pedra do lar.

     Papiñas con leite
Tamén che darei,
Sopiñas con viño,
Torrexas con mel.

     Patacas asadas
Con sal é vinagre,
Que saben á noces.
¡Que ricas que saben!

     ¡Que feira, rapaza,
Si cantas faremos!...
Festiña por fora,
Festiña por dentro.

     Canta si queres,
Rapaza do demo
Canta si queres.
Dareich' un mantelo.

     Canta si queres
Na lengua qu'eu falo,
Dareich' un mantelo.
Dareich' un refaixo.

     Có son da gaitiña.
Có son da pandeira,
Che pido que cantes.
Rapaza morena.

      Có son da gaitiña,
Có son do tambor,
Che pido que cantes
Meniña por Dios."


               II.

      Asi mó pediron
Na veira do mar,
A ó pé das ondiñas
Que veñen e van.

      Asi mó pediron
Na veira do rio
Que corr' antr' as erbas
Do campo frorido.

     Cantaban os grilos,
Os galos cantaban,
O vento antr' as follas
Runxindo pasaba.

      Campaban os prados,
Manaban as fontes,
Antr' erbas e viñas
Figueiras e robres.

      Tocaban as gaitas
O son das pandeiras,

Bailaban os mozos
Cás mozas modestas.

      Que cofias tan brancas!
Que panos con freco!...
Que dengues de grana!
Que sintas! que adresos!

      Que ricos mandiles,
Que verdes refaixos...
Que feitos xustillos
De cór colorado!

     Tan vivos colores
A vista trubaban,
De velos tan vareos
O sol se folgaba.

      De velos bulindo
Por montes e veigas,
Coidou qu' eran rosas
Garridas e frescas.


               III.

      Lugar mais hermoso
Non houbo na terra
Qu' aquel qu' eu miraba,
Qu' aquel que me dera.

      Lugar mais hermoso
No mundo n' hachara,
Qu' aquel de Galicia,
Galicia encantada!

      Galicia frorida,
Cal ela ningunha,
De froles cuberta,
Cuberta de espumas.

      D' espumas qu' o mare
Con pelras gomita,
De froles que nacen
A ó pé das fontiñas.

      De valles tan fondos,
Tan verdes, tan frescos,
Qu' as penas se calman
No mais que con velos.

      Qu' os anxeles neles
Dormidos se quedan,
Xa en forma de pombas,
Xa en forma de niebras.


               IV.

      Cantart' ei, Galicia,
Teus dulces cantares,

Qu' asi mó pediron
Na veira do mare.

      Cantar t' ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.

 

“Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na voz de Elia Requeijo Gómez

 

Elia Requeijo Gómez (3º ESO B) achéganos a gravación de “Unha vez tiven un cravo”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia 

 

    Un-ha vez tiven un cravo

    Cravado no corazón,

Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,

    D'ouro, de ferro, ou d'amor.

Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,

    Que tanto m'atormentou,

Qu'eu dia e noite sin cesar choraba

Cal chorou Madanela n'a pasión.

    —Señor, que todo ó podedes,

    Pedinlle un-ha vez á Dios,

Daime valor par'arrincar d'un golpe

    Cravo de tal condición.

    E doumo Dios e arrinqueino,

    Mais... ¿quen pensara?... Despois

    Xa non sentin mais tormentos

    Nin soupen qu'era delor;

Soupen sô, que non sei que me faltaba

    En donde o cravo faltou,

E seica, seica tiven soidades

    D'aquela pena... ¡Bon Dios!

Este barro mortal qu’envolve o esprito

    ¡Quen-o entenderá, Señor!...

 

 

“Tembra un neno n'húmido pórtico”, de Follas Novas, na voz de Josefina Isabel Suárez Midón (80 anos)

 

Icía Lagares Sanmiguel (3º ESO B) achéganos a gravación de “Tembra un neno n'húmido pórtico”, de Follas Novas, na voz de súa avoa Josefina Isabel Suárez Midón (80 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

 

Tembra un neno n'húmido pórtico.

D'a fame e d'o frío

Ten o sello, o seu rostro de anxel,

Ind'hermoso mais mucho, e sin brillo.


Farrapento e descalzo, n'as pedras

Os probes peiños,

Que as xiadas d'o inverno lañaron,

Apousa indeciso.

Pois pare's que ll'os cortan coitelos

D'aceirados fios.


Coma can sin palleiro nin dono,

Que todos desprczan,

N'un corruncho s'esconde tembrando

D'a dura cscaleira.

E cal lirio se dobra ô secárese,

O inocente á dourada cabesa

Tamen dobra, esbaesido c'a fame,

E descansa c'o rostro n'as pedras.


E mentras qu'el dorme

Trist'imaxen' d'a dor y á miseria,

Van e vén ¡á adoraren o Altísimo!

Fariseyos, os grandes d'a terra,

Sin que o ver d'o inocente orfandade

Se calme d'os ricos

A sede avarienta.

O meu peito c'angustia s'oprime

¡Señor! ¡Dios d'o ceo!

¿Por qué hay almas tan negras e duras?

¿Por qué hay orfos n'a terra Dios boeno?


Mais n'en vano sellado está ó libro

D'os grandes misterios...

Pasa á groria, o poder y á alegría...

Todo pasa n'a terra. ¡Esperemos!


 

luns, 10 de febreiro de 2025

“¡Calade!”, de Follas Novas, na voz de Jesús Cambón Cabeza (90 anos)

 

Aroa Alcaide Cambón (3º ESO A) achéganos a gravación de “¡Calade!”, de Follas Novas, na voz de seu avó Jesús Cambón Cabeza (90 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

                        ¡Calade!

¡Hay n'as ribeiras verdes, hay n'as risoñas prayas

E n'os penedos ásperos, d'o noso inmenso mar,

Fadas d'estraño nome, d'encantos non sabidos

Que sô con nos comparten seu prácido folgar.

                        ______

Hay antr'a sombr'a amante d'as nosas carballeiras,

E d'as curtiñas frescas, no vívid'esprendor,

E n'o romor d'as fontes, espritos cariñosos

Que sÒ os qu'aquí naceron, lles dan falas d'amor.

                        ______

Y hay n'as montañas nosas, e n'estes nosos ceos

En canto aqui ten vida, en canto aqui ten ser,

Cores de brilo soave, de trasparencia húmida,

De vaguedad'incerta, qu'á nos só da pracer.

                        ______

Vos pois, os que naceches, n'a órela d'outros mares,

Que vos quentás á llama de vivos lumiares,

E só vivir vos compre, baix'un ardente sol;

Cala se n'entendedes encantos d'estos lares,

Cal n'entendend'os vosos, tamen calamos nos.

 

“Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na voz de Jimena Martínez Fernández

 

Jimena Martínez Fernández (3º ESO) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na súa propia voz. 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.


mércores, 5 de febreiro de 2025

“Sin Terra”, de Follas Novas, na voz de Jesús Cambón Cabeza (90 anos)

 

Aroa Alcaide Cambón (3º ESO A) achéganos a gravación de “Sin Terra”, de Follas Novas, na voz de seu avó Jesús Cambón Cabeza (90 anos). 

IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

#_rdc_25 @aelg @CasadeRosalia


Sin Terra


¡Calade ou ventos nouturnos,

Calá fonte d'a Serena,

Qu'alá por cabo d'as Trompas

Quer'oir quen chega!


Calaron os ventos todos

Xurrou á fonte mais queda,

E vin qu'iban á enterrar

O corazón d'ela.


Vina despois inda viva

Por campos e por devesas,

Mais iña par'un-ha tomba

Pedindo terra.


Nón-n'atopou, e por eso,

Amostra âs vistas alleas

Inda aquel corazón morto

A sua cangrena.



Book tráiler (XX): Nubes de evolución, de Andrea Maceiras. Realizado por Elia Requeijo Gómez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Nubes de evolución, de Andrea Maceiras (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2013). Realización youtubeira: Elia Requeijo Gómez, 3º ESO B, IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)


 

Book tráiler (L): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Mateo López Tejo

  Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium , de Francisco Castro (col. Costa...